8M Día Internacional da Muller

Como todos os anos, hoxe 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, un día no que temos que reinvindicar os nosos dereitos e a loita pola igualdade ante o mundo enteiro. Sen embargo, non podemos deixar que só sexa o 8M, ten que ser un traballo constante ó longo do ano. Hoxe tamén é o día no que temos que recordar a todas aquelas mulleres valentes que deixaron unha pegada na nosa historia.

Este ano, a Casa da Xuventude de Ourense decidiu reunir as obras de todas as mulleres artistas que dalgún xeito tivemos relación nalgún momento con esta organización, eu fun unha das elexidas e síntome orgullosa de participar coa miña aportación neste acto solidario, estará exposto todo o mes de marzo na Casa de Xuventude de Ourense.

Por todas nós!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.