Tarxeta regalo
25 €
Pretendemos darche todas as facilidades para que poidas sorprender esa persoa especial cun regalo especial de Xogo de Fíos
Que é a tarxeta regalo de Xogo de Fíos?
Trátase dunha forma orixinal de regalar arte e creatividade, confeccionada artesanalmente a través do tacto e a habilidade manual. Sen dúbida, con esta tarxeta terás a oportunidade de obsequiar cultura, sensibilidade e emocións que hai detrás de cada obra. Sempre apoiándonos nos valores que nos definen como marca: inclusión e igualdade de todas as persoas, sustentabilidade co medio ambiente e dinamización do rural.
Por que elixir a nosa tarxeta regalo?
-
Orixinalidade: perfecta para quen valora o traballo feito totalmente a man.
-
Personalidade: a persoa destinataria poderá elixir aqueles deseños que conecten máis cos seus gustos, emocións ou sentimentos.
-
Flexibilidade: a persoa receptora terá 24 meses para a súa caducidade, a idea é desfrutala sen presa.
Como funciona a tarxeta de Xogo de Fíos?
-
Elixe o importe que desexas regalar.
-
Recibe a tarxeta en formato dixital: envío por correo electrónico.
-
Entrega o regalo e desfruta do sorriso desa persoa especial.
-
Canxear a tarxeta: a persoa receptora terá o amplo catálogo de obras dispoñibles na web, aínda que tamén damos a opción de personalizar. (Máximo 24 meses para canxeala).
Cumpre a ilusión desa persoa tan querida!
Se tes algunha dúbida ou necesitas axuda coa tarxeta, estamos para axudarte.
Tan só contáctanos!