Este mes de novembro empezamos a impartición dun obradoiro semanal no Centro Cívico As Termas de Ourense, máis concretamente estamos a levar a cabo a formación pertencente ó proxecto “Fiando Igualdade”. Somos un grupo mixto de 16 persoas que poñemos en valor a artesanía e o traballo manual, pero tamén debatimos sobre temas de igualdade e feminismo. A idea é empoderar a este alumnado a través da arte con fío.
Por iso, nesta semana do 25N queremos reivindicar e facer visible a violencia de xénero a través desta pancarta confeccionada entre todas. Como estivemos a falar nesta clase, a violencia de xénero é unha lacra difícil de erradicar e, por desgracia, siguen morrendo mulleres cada mes. Sí que é verdade que os estados e a sociedade ten avanzado nesta materia, pero aínda queda moito treito deste árduo camiño por recorrer. Nesta clase puxemos en valor que cada fiada ten un significado e cada letra unha historia que contar.
Sabías por qué é a data do 25N? Se lle preguntades ó meu alumnado xa vos contestarían no momento! 🙂 Resulta que todo ten a súa causa, neste caso a ONU elixiu, como Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N porque en 1960 cometeuse un terrible asesinato. Un 25 de novembro de 1960, en Republica Dominicana, a policía secreta do dictador Trujillo torturou, violou e asesinou ás irmãs Mirabal unicamente polo feito de ser activistas políticas. Iste crimen tivo tanta repercusión internacional que varias décadas despois a ONU reivindicouno.
E hoxe nós tamén queremos deixar a nosa pegada e decir ben alto e claro: ESTAMOS CONTRA A VIOLENCIA!!! QUEREMONOS VIVAS!!!
Comments