top of page

8M EN XOGO DE FÍOS

xogodefios

Hoxe é 8 de marzo, unha data sinalada para reivindicar os dereitos de todas as mulleres do mundo. No día de hoxe debemos recoñecer o gran esforzo de todas aquelas que alzaron a súa voz antes que nós, en condicións máis complexas e soas ante un mundo sostido polas estruturas patriarcais. Pero tamén é o día para seguir coa loita pola igualdade de dereitos, para que as futuras xeracións vivan nunha sociedade máis xusta e sen desigualdades. O cambio non é instantáneo, pero cada paso conta no camiño cara a igualdade e a plena inclusión.

Eu son unha muller con discapacidade, activista no movemento asociativo e emprendedora en Xogo de Fíos. Aínda que me sinto empoderada e son optimista, debo recoñecer que o camiño tampouco foi sinxelo, conto co incondicional apoio familiar. Pero como todas as mulleres quero desfrutar da miña liberdade e dereitos para vivir a miña propia vida. Isto en moitas ocasións non é posible para as mulleres con discapacidade, xa que somos máis vulnerables ante os designios doutras persoas. Por iso, como membro de ACADAR y CEMUDIS gustaríame alzar a voz con todas vos, compañeiras, unha voz que se escoite en todo o mundo e que reivindique os nosos dereitos. Constrúamos un mundo máis equitativo, onde todas poidamos vivir sen medos, en liberdade e con dignidade!

 
 
 

Kommentare


bottom of page