top of page

CHARLA EN SALESIANOS OURENSE

Nesta semana volvemos de charla de sensibilización, concretamente para o alumnado de secundaria e bacharelato de Salesianos Ourense. Máis de 300 mozos e mozas acudiron a este acto, celebrado no teatro do instituto, e enmarcado nas actividades realizadas na Mesa Vocacional Salesiana. Para elo, contaron coa experiencia vocacional do salesiano Bernardino e coa miña testemuña como persoa con discapacidade. Trátase de explicarlle á xuventude sobre a importancia de formarse cara o futuro, do saber escoitar e de pedir consello cando nos perdemos. En definitiva, o obxectivo é concienciar ó alumnado das distintas realidades existentes na sociedade actual e potenciarlles ese espírito de empoderamento e forza vital.

 

Na miña ronda de palabra, centreime na explicación de como vivín eu a discapacidade desde a infancia e na evolución da mirada cara a discapacidade. Unha transformación social que resulta palpable se votamos a ollada 20 ou 30 anos atrás. Unha realidade que a xuventude actual considere o máis normal do mundo pero que, non hai tanto tempo, estaba totalmente illada da sociedade. Tamén lle presentei o proxecto de Xogo de Fíos, para que se deran conta da importancia da inclusión sociolaboral como medio para garantir unha vida máis autónoma. Penso que a charla foi un éxito, dada a participación e a implicación recibida. Polo que só podo dicir... grazas!CHARLA EN SALESIANOS OURENSE




 
 
 

Comments


bottom of page