Co remate do primeiro trimestre do ano, a profesora de Lingua Castelá e titora de 4ºESO do IES de Allariz decidiu sorprender ó alumnado cunha actividade un tanto especial: unha charla sobre discapacidade e emprendemento. E digo “especial” pero quédome curta, penso que o correcto sería dicir “auténtica” porque asegúrovos que na miña época non tiñamos tanta sorte. E por que vos estou a contar isto? Moi sinxelo, fun elixida para impartir esta charla!
Realmente quedei sen palabras cando María me contactou para impartir a charla, síntome orgullosa e moi agradecida desta oportunidade. Para min foi moi especial volver ó IES de Allariz despois de 20 anos de cursar ahí os meus estudos. Como lle dixen ó alumnado, teño moi bos recordos deste centro e agora volvín sentir ese agarimo. A verdade é que foi unha charla moi amena, na que os rapaces estiveron súper participativos e interesados nas barreiras da discapacidade. Tamén falamos de emprendemento e do meu proxecto Xogo de Fíos, aínda que moitos xa coñecían o meu traballo.
Hoxe só teño palabras de agradecemento para o profesorado e o alumnado do IES de Allariz por tan boa acollida, espero que fose produtiva tamén para este grupo de rapaces. Por certo, grazas polo agasaio!!! Felices festas!!!
Comments