O 19 de decembro foi un día moi especial para a Asociación de Mulleres Rurais Arracada, de Vilar de Santos, e obviamente para min. Despois de varios meses de obradoiros con este grupo de mulleres nos que confeccionamos bolboretas multicolores, un mural do 25N, unhas antigas carabelas e un porquiño moi floreado; xa eran horas de expoñer o resultado deste duro traballo. Por iso, este pasado xoves inauguramos unha exposición no Museo da Limia na que, ademais dos traballos realizados a través dos obradoiros de Xogo de Fíos, encontraredes outras obras como coxíns feitos coa técnica da agulla máxica, xoias de macramé, tapetes de ganchillo ou tiestos pintados. Toda unha colección de traballos artesanais elaborados polas mulleres da AMR Arracada.
A min éncheme de ilusión formar parte desta comunidade de mulleres que decidiron ser empoderadas e participar activamente nas actividades comunitarias. Aproveito para darlle as grazas de todo corazón por ser tan animadas e polos apoios recibidos, como mestra direi que lle teño un cariño especial este grupo. Desfrutade destas festas e se pasades por Vilar de Santos facede unha paradiña no museo da Limia. Bo Nadal!
Comments