Como xa estamos tocando coa semana da discapacidade, desde o C.E.I.P. Carlos Casares de Xinzo de Limia propuxéronnos impartir un obradoiro para o alumnado de 3º primaria. Pero non podía ser un obradoiro calquera, debía ter o valor engadido da discapacidade. Non só se trata de que os cativos aprendan a fiar, senón de que o fagan desde outra perspectiva: inclusión e igualdade.
Por iso, o 27 de novembro chegou o CEIP Carlos Casares o “Redondiño” de Xogo de Fíos. Un boneco moi navideño que lles ensinou que non pasa nada por ser diferente! Pero xa vos contarei con detalle, nos sucesivos posts, a súa historia. Polo de agora dar as grazas a Mónica por organizar este acto e terme en conta, foi unha experiencia increíble coñecervos. Ata pronto!
Comments