top of page

OBRADOIRO NA A.V.V. OUTEIRO DE ORRACA



 

Esta xentiña de Outeiro de Orraca (Allariz) parece que nos quere ben! Tanto é así que repetimos obradoiro! O certo é que a maioría das mulleres participantes xa viñeran á primeira fase do curso, pero esta técnica atrae a cantos a inician. Fiada tras fiada, paseniño a paseniño, vaise tapizando un fermoso cadro de fío que lucirá orgulloso nos vosos fogares. Neste caso, as 9 mulleres de Outeiro que participaron confeccionaron unhas bolboretas, tan cheas de vitalidade e cor, que mesmo semellaba que ían saír voando. E debo confesar que, tanto as xa experimentadas como as novas nesta materia, son unhas artistas moi imaxinativas. Quedaron fermosas!

 

Nestes obradoiros non só cultivamos a creatividade destas artistas anónimas, senón que o principal obxectivo é dinamizar o rural. Nun contexto de soidade e illamento dos pobos, actividades conxuntas como esta serán clave para tecer redes de unión entre a veciñanza. Para moitas destas persoas, o mero feito de saír da casa e comunicarse cos veciños supón un xesto de felicidade. Así que sigamos cultivando a participación cidadá e se, desde algunha asociación, estades interesados na impartición de obradoiros Xogo de Fíos é unha opción. Grazas á Asociación Veciñal de Outeiro por esta oportunidade. Ata a próxima! 

 

 
 
 

Comments


bottom of page