top of page

Descubre a fusión perfecta entre tradición e vida mariñeira a través da máxica serenidade que evoca esta aldea mariñeira tan típica de Galicia, deseñada e confeccionada por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos buscamos a esencia da tradición mariñeira e o encanto das aldeas costeiras: as coloridas casiñas dos pescadores que se aliñan fronte ó porto, as pequenas barcas de faena amarradas na orilla e unha antiga ponte que evoca historia e nostalxia. Unha imaxe típica que percorre a nosa xeografía, agora reproducida a través de cada fiada. Sente esa sensación da brisa na cara, da calma do mar e do vibrante ambiente que cada día descobren estas aldeas. Só fíate da beleza atemporal desta obra artesanal!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, tiza azul, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro de aldea mariñeira confeccionada con fío.
  • Dimensións: 50X40X1,5cm.
  • Cores: escollemos esta combinación de tonalidades pola vibrante enerxía que transmite, pero con calquera outra preferencia recoméndase contactar.
  • Formato: polas dimensións do deseño, recomendamos cadro enmarcado con cristal e táboa, de feito sería aconsellable recubrilo cun marco acorde.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Incluso se prefires que che deseñemos algunha outra paisaxe ou monumento da túa comarca, contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, encanto e serenidade.
  • Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para aportar beleza e serenidade o teu espazo ou como agasallo especial.

 

PREZO: 165€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

Caro de Aldea Mariñeira en fío

SKU: 58
165,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page