Descubre a fusión perfecta entre arte e funcionalidade coa nosa exclusiva totebag inspirada en Marilyn Monroe, unha reprodución do cadro de fío deseñado e confeccionado por Xogo de Fíos. Esta bolsa de tela non só é un accesorio práctico no teu día a día, senón que tamén é un elemento de reivindicación contra os estereotipos e a igualdade feminina que tanto defendeu esta actriz americana. Marilyn converteuse nun icono de Hollywood nos anos 50 deixounos claro que hai que loitar por superar os prexuízos sociais. Agora é unha fonte de inspiración para moitos artistas e unha auténtica referente feminina.
Esta vibrante impresión, dun dos deseños de maior éxito de Xogo de Fíos, amosa a singularidade e a diferenciación dos nosos produtos. Non só ofrecemos calidade e atención o detalle, senón que tamén pomos énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Sénteste identificada con Marilyn? Pois ben... esta colección de bolsas non te deixará indiferente!
CARACTERÍSTICAS:
- Material: bolsa de algodón de calidade, con tela resistente e duradeira.
- Dimensións: 40x35cm e asa de 30cm.
- Deseño: impresión do retrato orixinal confeccionado en fío.
- Uso: ideal para o día a día como bolso de man.
BENEFICIOS:
- Singularidade: accesorio único que combina arte, elegancia e funcionalidade.
- Distinción: ideal para quen busca destacar o seu estilo persoal.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, polo que, cada bolsa é un reflexo da arte téxtil que caracteriza a Xogo de Fíos.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecta como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.
PREZO: 19€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Non deixes pasar a oportunidade e consegue esta fermosa totebag de Marilyn Monroe.
Ten a seguridade que marcarás tendencia!