top of page

Descubre como podemos transformar algo simple nun extraordinario deseño de corte minimalista e contemporáneo. Esta cara abstracta confeccionada por Xogo de Fíos, unicamente consta dunha liña de fío que mantén a fluidez e a conexión en todo o deseño. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Explora a simplicidade e a elegancia desta obra artesanal, que en Xogo de Fíos presentamos como unha das primeiras pezas de arte abstracta da nosa colección. Cada curva e trazo está meticulosamente deseñado cun único fío sen cortes, creando unha expresión artística que xoga coas liñas continuas para formar unha figura chea de significado e estilo. O contraste entre o fío negro e a base branca, enfatiza o valor das formas puras desta innovadora técnica. e o simbolismo da arte sen interrupcións. Faite con esta peza artesanal completamente distinta!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, combinación de cartolina branca e negra, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro de cara abstracta confeccionado cun único fío.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte e minimalismo.
  • Distinción: o profundo significado que transmite este cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para amantes da arte contemporánea que aprecian a beleza nun único trazo.

 

PREZO: 15€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cuadro de caras abtractas minimalista en fío branco

SKU: 8
20,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page