Sentes esa conexión máxica coa música? Pertences a unha banda de gaitas? Vives o baile galego? Séntete parte da esencia de Galicia a través desta obra artesanal!
Descubre esta exclusiva figura da muiñeira, na que se combina arte e tradición galegas, confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
As danzas e cantigas populares interpretadas ao redor do muiño, na mentres esperaban pola muñaxe, convertéronse en auténticos símbolos da cultura galega. Neste caso representado por esta muller que viste o traxe rexional do baile galego. Por iso, en Xogo de fíos dámoslle un enfoque único, no que cada detalle foi fiado a man con agarimo para capturar a esencia das nosas tradicións. Asemade, empregamos a base de madeira natural para aportar maior autenticidade e resaltar as cores que fían este traballo artesanal.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
- Deseño: muiñeira confeccionada con fío sobre base de madeira natural.
- Dimensións: 20cm diámetro e 2cm grosor.
- Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.
- Personalizado: unha opción é porlle o teu nome ou o da banda de gaitas.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte, tradición e cultura.
- Distinción: a elegancia e sentimento que transmite esta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Ideal para amantes da música tradicional ou do baile galego. Regala calidade!
PREZO: 22€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!