Descubre a beleza e o profundo significado desta triqueta celta, confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Este símbolo celta, moito menos coñecido que os famosos trisqueis, está asociado a feminidade e a maxia desta cultura ancestral. A súa orixe data duns 5000 anos de antigüidade e representa á parte feminina do universo, ademais de bendicir e propiciar a fertilidade; converténdose no símbolo da maternidade. Así, desde Xogo de Fíos quixémoslle dar un toque de empoderamento a través do fiado en cor violeta que, sobre o prato de madeira natural, vai resaltar cada detalle da confección. Non deixes de adquirir esta peza artesanal única!
Tal foi a súa relevancia que, desde AJE Ourense, elixírona como agasallo institucional para facer visible o 8M. Eu non podo máis que sentirme orgullosa desta iniciativa!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
- Deseño: triqueta celta confeccionada con fío sobre prato de madeira natural.
- Dimensións: 16cm diámetro e 2cm grosor.
- Cores: empregamos fío en tonalidades violetas ou moradas que representan a feminidade, sobre a madeira natural para que contraste.
- Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
- Distinción: a beleza e elegancia que transmite este símbolo celta é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para amantes da tradición celta ou mesmo ideal como agasallo especial.
PREZO: 12€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!