Descubre a esencia rural de Galicia a través desta encantadora vaca floreada, unha peza deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
En Xogo de Fíos pretendemos sempre marcar a diferenza capturando a esencia das nosas tradicións e, neste caso, estes impoñentes animais convertéronse en símbolo da nosa identidade rural. Cada detalle desta obra artesanal representa a fusión entre natureza e tradición, as vacas identifican as nosas raíces agrarias e o traballo dos antepasados para saír adiante. Leva un cachiño da nosa cultura e transfórmao en arte para decorar o teu fogar. Un deseño fiado que combina o abstracto, co minimalismo e o contemporáneo.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
- Deseño: vaca floral confeccionada con fío sobre prato de madeira natural.
- Dimensións: 30cm de diámetro e 2cm grosor.
- Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefira outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto como agasallo orixinal ou decoración do teu fogar.
PREZO: 35€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!