🐙 Estamos a vivir unha época de cambio no mundo artístico e, como non podía ser doutra forma, desde Xogo de Fíos tamén innovamos os nosos produtos. Preséntovos as “caras abstractas”, unha colección de deseños nos que prima o abstracto e minimalista fronte á opulencia da cor. Como podedes ver, aquí xa non é importante o fío ou os tons multicolores, agora prima a sinxeleza e a combinación negro/branco e ao contrario. A pesar diso, non vos enganedes, é un deseño tan difícil ou máis que outros da galería porque se trata dun único fío que envolve toda a forma do rostro. E aínda se complica máis o proceso de recorte e montaxe, ao tratarse de algo tan sumamente estreito, hai que ir con moito tento. Agora xa pode ser vosa calquera das combinacións!
🇪🇸 Estamos viviendo una época de cambio en el mundo artístico y, como no podía ser de otra forma, desde Xogo de Fíos también hemos innovado nuestros productos. Os presento las “caras abstractas”, una colección de diseños en los que prima lo abstracto y minimalista frente a la opulencia del color. Como podéis ver, aquí ya no es importante el hilo o los tonos multicolores, ahora prima la sencillez y la combinación negro/blanco y al contrario. A pesar de ello, no os engañéis, es un diseño tan difícil o más que otros de la galería porque se trata de un único hilo que envuelve toda la forma del rostro. Y todavía se complica más el proceso de recorte y montaje, al tratarse de algo tan sumamente estrecho, hay que ir con mucho tiento. Ahora ya puede ser vuestra cualquiera de las combinaciones!
Valoraciones
No hay valoraciones aún.