UN DETALLE MOI ESPECIAL

Non sei si recordarédes que hai un par de meses fun ao CEIP Plurilingüe de Seixalbo (Ourense) para impartir un obradoiro de artesanía. Naquel momento, traballamos con alumnado de 2º e 5º de Primaria para ensinarlles a técnica básica do tapizado. Pois ben, entre aqueles cativos estaba Mateo, un alumno de 2º que gañou o X Certame de debuxo, conto e relato “Falando de solidariedade”, coa seguinte proposta:

Antes de nada quero mandarlle a máis enorme enhoraboa a Mateo por este premio!!! Non puiden máis que emocionarme ante as palabras de Mateo e as da súa profe Loli cando me comunicaron a noticia, xa que mateo incluso me describiu con todo detalle como era o debuxo. Realmente foi un auténtico orgullo formar parte disto! Parece que Mateo quedou tan abraiado coa miña historia e coa artesanía que decidiu plasmar esta inclusión no seu debuxo. Este é un moi bo exemplo de que educar en inclusión, igualdade e respeto á diversidade fainos unha sociedade máis humana. Os nenos e nenas están constantemente dándonos auténticas leccións de vida. Aprendamos xuntos! Gracias Mateo por tanto!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.